Vía destinada á circulación de vehículos automóbiles
Etimoloxía
Voz que procede da frase do latín tardío [viam] stratam ‘camiño pavimentado’.
Exemplos *
“Onte díxonos que despois de despedirse de Eva Cortes fora para casa, pero o GPS do seu teléfono estaba activado e sitúao no outro extremo da cidade, concretamente na estrada que sae polo sur, dirección Vigo.” (Sara Alonso Vila: Oitos días sen Eva Cortés, 2021)
“Hai diversos factores que explican a accidentalidade, aínda que hoxe en día causas como o estado e o deseño das estradas, unha sinalización deficiente ou a antigüidade do parque automobilístico xa non son, polo xeral, tan decisivas como hai anos.” (Xosé Fandiño: Sermos Galiza, 16-5-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


