Acción e efecto de estrear
Etimoloxía
Palabra que bebe no latín strena ‘presaxio’.
Exemplos *
“O meu traxe azul prestado, o saquiño de popurrí de herbas que levaba nas mans, ou as zocas de estrea de seguro lle parecerán pouca cousa a vostede, acostumado como estará aos grandes enlaces da corte.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo. Parte I: de cans e lobos, 2016)
“O Teatro Principal, aquela sala de antes do incendio de 1980, acollía naqueles anos corenta as máis interesantes estreas cinematográficas.” (Sabino Torres: As tres columnas, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.