estreitar

Aumentar ou facer máis estreita a unión, a relación, a amizade, o cariño etc., entre dúas ou máis persoas

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre “estreito” que vén do latín strictus, -a, -um participio do verbo stringere ‘apertar’, ‘comprimir’.

Exemplos *

“De seguida me dei conta, ó estreitar lazos con outros compañeiros de golfeo (profes de instituto e funcionarios da Xunta) do rancio dos meus afáns.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)

“Algunha xente importante de Lugo pasaba daquela pola casa do parente da señora e este aproveitaba para estreitar relacións con eles ou para propor algún negocio dos que sempre lle rebulían na testa.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.