estrela de mar

Animal mariño da clase dos asteroideos, do que existen diversas especies, en forma de estrela con cinco ou máis brazos

Etimoloxía

Frase que se forma co substantivo “estrela” que vén do latín stella de significado semellante e “mar” desde o latín mare, ‘mar’.

Exemplos *

“Aínda que quentaba o sol, o mar oíase bruar continuamente e unhas gaivotas berraban mentres loitaban por arrebatarse unha estrela de mar que unha levaba no peteiro.” (Jesús Lista: VII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico / O demo nunca dorme, 2013)

“Amo o mar, inda que de pequena tíñalle moito respecto. Agora síntome nel coma un peixe ou coma unha serea, ou coma unha buguina, sempre, pousada no pensamento unha estrela de mar.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 10-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.