Xesto de dor ou desagrado
Etimoloxía
Voz que remite ao latín stringere ‘apertar’.
Exemplos *
“–Pelexas coa precisión dunha máquina. Onde aprendiches? –No colexio –dixen cun sorriso xeado nun estrenxo de dolor.” (Adolfo Domínguez: Juan Griego, 1992)
“Os peixes, pensando que aqueles libros eran artigos comestibles, corrían en cardume á flor da auga; pero despois que probaban algunha páxina ou algunha tapa, cuspíana ó momento, facendo coa boca un estrenxo que parecía dicir : «Este produto non é para nós.” (Carlo Collodi: As aventuras de Pinocchio [trad. Antón Santamarina], 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


