estrés

Serie encadeada de reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas que padece unha persoa ou organismo sometido a situacións de ameaza ou estímulos nocivos

Etimoloxía

Adaptación do equivalente inglés stress.

Exemplos *

“Todos padecen estrés, pendentes de todo e desconfiando de todo o mundo constantemente. Iso non é vida.” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)

“Os domingos estou tan desfeito que só quero guindarme no sofá e descansar. Vivo con tal estrés que nin sequera durmo ben de noite.” (Úrsula Heinze: Delirios de pracer, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.