estrume

Vexetación propia do monte como toxos, queiroas, fentos, herba etc., que se aproveita principalmente para estrar a corte

Etimoloxía

Termo que procede do latín vulgar *strume, que nos remite ao clásico estrāme ‘cama de palla’.

Exemplos *

“Aqués que ten fama de honrados na vila / roubáronme tanta brancura que eu tiña, / botáronme estrume nas galas dun día, / a roupa de cote puñéronma en tiras.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

“Mira para esas frieiras, ven coa avoa. E a avoa botáballe a súa crema milagreira de herbas e estrume do cortello.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.