estudante

Persoa que fai estudos, en particular de grao medio ou superior

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “estudar” que vén, en última instancia, sobre studium ‘traballo’, “doutrina’.

Exemplos *

“Á tenda de Hortensia non lle faltaba clientela. Vendía roupa usada, con preferencia pezas de loito, alugaba outras, as que gardaba nunha grande arca con bólas de alcanfor, esmoquins e fracs. Poetas e estudantes ían a Hortensia en busca do traxe de etiqueta para entrar nos salóns da burguesía aínda que só fose por unha noite.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Hortensia e o poeta, 2014)

“Na Coruña a comisión viña composta por nove profesionais, cinco empresarios e executivos, dous asalariados e unha estudante, á espreita da constitución de comisiones locales.” (Xoán I. Taibo e Manuel Rivas: Os partidos políticos na Galiza, 1977)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.