Local onde traballa e estuda un profesional, en particular un pintor, escultor ou arquitecto
Etimoloxía
Termo de orixe latina: studium, -ii ‘traballo’.
Exemplos *
“Aquel ano estabamos instalados nun baixo de Juana de Vega e era o noso o estudio de arquitectura, decoración e reformas máis solicitado da cidade.” (Berta Dávila: A arte do fracaso, 2010)
“O estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi adaptou cada un destes proxectos a un formato expositivo.” (Ana González Chouciño: A Peneira, 05-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.