Esforzo intelectual que se aplica para coñecer e comprender algunha cousa
Etimoloxía
Palabra semiculta que procede do latín studium.
Exemplos *
“Unha mesa con libros e papeis, disposta no outro extremo de onde ficaba o piano, advertía ao visitante do uso diario daquel cuarto para sala de estudo se ben un taboleiro de xadrez permanecía preparado nun extremo.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)
“Levaba toda unha vida dedicada ao estudo, con cualificacións excelentes. A súa era unha carreira encamiñada a ter un posto de relevancia na Igrexa, e de súpeto, os seus superiores convertíano nun mafioso.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.