estudoso, -a

Que estuda con moito interese e aplicación

Etimoloxía

Palabra que se forma grazas ao equivalente latino studiosus, -a, -um ‘aplicado’.

Exemplos *

“Cando chegaba coas notas da clase dicía: "Teu pai sentirase moi satisfeito de ver que es tan listo e tan estudoso." E se facía algo mal: "A teu pai non lle gustará saber isto"...” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“Que non pode ser. Xa sei. Que é unha rapaza moi estudosa. Que non arma ningún alboroto. Que se porta perfectamente.” (Álex Alonso: Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.