Aparello para producir calor mediante electricidade ou combustión
Etimoloxía
Procedente do termo italiano stufa ‘local quente’ e ‘aparello para quencer’.
Exemplos *
“Pola porta entreaberta, na sala de espera vense algúns esmoleiros durmindo, seguramente á calor dalgunha estufa.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
“Agradeceu o leite con cacao e as pantuflas, a calor da estufa e a grosa bata de la, inesperada pola feitura tan pouco sofisticada.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.