estufado

Alimento guisado nun recipiente cerrado para que coza no seu vapor

Etimoloxía

Substantivación de “estufado” que procede do verbo “estufar” que procede do italiano stufare que bebe do latín vulgar *extuphare ‘quentar con vapor’.

Exemplos *

“–Boas festas, señora Logan.

–O mesmo lle desexo, señor Olsen.

–Foi moi amable por nos deixar unha tarteira de estufado, señora Logan.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)

“Canto tempo! Entra, entra –dixo coma se nada, coma se viñésemos de estar xuntos había dez minutos. Todos, agás Alberte, permanecían sentados na cociña, e David servía un estufado dunha pota.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.