esvaecemento

Perda momentánea do coñecemento

Etimoloxía

Termo que se forma por sufixación sobre a voz “esvaecer” que bebe do equivalente latino evanescere.

Exemplos *

“A respiración tornouse lenta no meu peito, non acababa de aceptar o que el me dicía pero todo tiña tanto sentido..., esas terribles dores de cabeza que sufría, os esvaecementos, os soños que empezaron como unha entretida historia e remataron por facerme sentir tan afín.” (Natalia Carou Figueroa: O alento nas costas, 2012)

“Probablemente escapaba do tremor volcánico cando foi enterrado pola cinza, ou talvez sufriu un ataque cardíaco de tanto correr, ou unha lipotimia, ou un esvaecemento propio dos nervios aos que foi sometido no estrondo da amada Pompeia tráxica.” (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.