Dimensión fóra do tempo á que se accede despois da morte
Etimoloxía
Termo semiculto que bebe do latín aeternitate de significado semellante.
Exemplos *
“Se así o queredes, mais deixade a eternidade para outros, que eu prefiro consumir o noso amor nesta terra.” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)
“Eu respeto as súas crenzas e ata as envexo, avoa. Paréceme unha sorte ter fe, pensar que poderás estar toda a eternidade xunto as persoas que queres.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.