Sentimento moi intenso de benestar e alegría.
Etimoloxía
Procede do grego euphoria ‘capacidade para levar ou soportar algo’.
Exemplos *
"Nestor rememorou a euforia de quince ou vinte anos atrás, cando había persoas que pasaban as tardes alí, naquela mesma mesa, contando entusiasmados os coches que pasaban." (Camilo Gonsar: Desfeita)
"Telmo tiña medo de que a súa proposición non fose apreciada en toda a súa importancia, pero aínda o freaban máis os momentos de euforia en que Pulpeiro deseñaba a resolución do mundo." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.