exame

Proba ou conxunto de probas que se fan a un candidato para determinar as súas aptitudes.

Etimoloxía

Procede do latín examen, -inis 'fiel da balanza' e tamén 'acción de pesar' ou 'exame'.

Exemplos *

Aínda lembro o exame, despois de ir durante tantos meses ás escolas nocturnas para aprender matemáticas e xeografía e ó final a pregunta máis difícil vén do cura da materia de relixión, que daquela ata para ser patrón de costa había que saber o catecismo." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

"Como faltan ben poucos días para o exame, ímonos xuntar unhas compañeiras, e tamén algún compañeiro que che pracerá ver, para estudarmos en grupo e axudármonos uns aos outros." (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.