Calidade de excelente e virtude que fai que algo ou alguén sexa excelente
Etimoloxía
Palabra culta que nos leva ata a latina excellentia.
Exemplos *
“Este ano hai galardóns novos, como son os Premio Vida e Premio Acción Solidaria, e entregarase o doutros anos á Excelencia Deportiva.” (Redacción: Nós Diario, 29-11-2012)
“Con derrotas diante do Madrid e Atlético que poden entrar dentro do normal mais que para nós, que nos gusta a excelencia, son derrotas que tamén doen.” (AA.VV.: Nós Diario, 21-9-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.