Viaxe breve que se fai para recrearse, para estudo, para coñecer algún sitio etc.
Etimoloxía
Termo procede do latín excursio, –onis 'viaxe', e este deriva do verbo excurrere 'saír a correr'.
Exemplos *
"…lembrou unha postal da Alhambra que lle mandara o seu fillo maior cando fora de excursión de fin de curso a Granada." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Castromil e unha noites)
"Tamén sei que as autoridades de aquí están argallando festas e excursións para nós, algunhas para todos e outras para os que leven boas notas" (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.