excursionista

Persoa que participa nunha excursión

Etimoloxía

Voz derivada sobre o substantivo “excursión” que procede do termo latino excursion, -onis ‘carreira’, ‘excursión’.

Exemplos *

“E Ulises, o excursionista extraviado no bosque, cunha secura tan mesta na gorxa que lle impedía articular palabra, sentiu o terceiro arrepío da noite.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)

“O noso autor aproveita para facer publicidade turística de Vigo e Galicia, concluíndo que o seu clima é bó "tanto para a residencia invernal coma para os excursionistas estivais".” (Eduardo Rolland: GCiencia, número 9, 3-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.