exemplar

Cada un dos obxectos, sobre todo impresos, que reproducen un modelo

Etimoloxía

Palabra que nos chega do latín exemplar, -āris ‘exacto’, ‘conforme ao orixinal’.

Exemplos *

“Subiu á casa, sentou no sofá e pensou que o erro fora deixar a Inés daquela maneira. Colleu un exemplar do seu libro e arrincou un anaco da portada. Ao metelo na boca e mastigalo, o papel satinado da capa pegábaselle no padal.” (Berta Dávila: Papel reciclado, 2010)

“Cando baixamos para a cafetería para tomar un tentempé tiña a impresión de que xa atara todos os cabos e que xa só me quedaba atopar un dos exemplares do libro de monseñor Eleuterio.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.