exemplaridade

Calidade de exemplar

Etimoloxía

Termo derivado sobre o adxectivo “exemplar” que bebe no latín exemplaris ‘que serve de exemplo’.

Exemplos *

“A provisionalidade na profesión de político é que os cargos públicos se comporten con máis exemplaridade, sabendo que antes que despois deberán cruzarse na rúa, sen protección e con pouca aura de poder, con persoas que os estarán xulgando coa mirada.” (Enrique Sáez Ponte: A liberdade no século XXI, 2017)

“Porén, isto de mandar ao curruncho a exemplaridade moral no exercicio das funcións e cargos públicos está de moda. O chamado "transfuguismo" non é máis ca unha concreta manifestación dun fenómeno xeral de perda ou degradación de valores.” (Pablo G. Mariñas: O Xornal de Galicia, 2-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.