Conxunto de doutrinas para as que a realidade do individuo é o centro da análise filosófica e que consideran que a existencia ten prioridade sobre a esencia.
Etimoloxía
Creación a partir do francés existentialisme sobre un existentiel ‘existencial’ que nace do latín tardío existentialis, –e de significado análogo.
Exemplos *
"Eleuterio intentou desmontar as teses do existencialismo ateo partindo da análise da obra de Jean Paul Sartre, cousa que para os eséxetas era unha formulación totalmente lexítima." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
"Decotío dise que Jean-Paul Sartre, xunto con Simone de Beauvoir, fundan o existencialismo cuxa filosofía se condensa no lema "A existencia precede á esencia"." (África B. López Souto: Simone de Beauvoir)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.