existencialista

Partidario do existencialismo

Etimoloxía

Termo que herdamos do francés existentialiste e do movemento filosófico de mediados do século XX.

Exemplos *

“Vía o Sena, antes de ir a París, como un río, pero in situ era unha avenida máis, nada diferente aos Campos Elisios. Será imposible, murmurei, resumindo un estado de ánimo, ver un existencialista non escritor pululando polas súas ribeiras.” (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia / Pont des Arts, 2005)

“O existencialista _di Beauvoir_ inquieta non porque desespere ao home, senón porque reclama del unha tensión constante”. (África B. López Souto: Simone de Beauvoir, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.