éxodo

Saída masiva que unha poboación fai dun sitio para outro, co fin de se establecer nel ou de xeito ocasional

Etimoloxía

Aínda que procede do grego eksodos ‘pasaxe, saída, marcha’, entra a través do latín exodus ‘saída dos hebreos de Exipto’.

Exemplos *

“(...) se o éxodo rural baleirou moitas comarcas e freguesías do interior rural do país e contribuíu decisivamente a que se producira un avellentamento demográfico notable (...).” (Mª Pilar de Torres e Ruben C. Lois: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro / A parroquia e a xeografía de Galicia, 2009)

“A transformación do medio rural, asociado ao éxodo da poboación e ao abandono das prácticas tradicionais de manexo do monte, arborado e mato, fai que a biomasa vexetal se incremente e estenda por amplas áreas (...).” (Urbano Fra Paleo: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.