expedición

Viaxe ou marcha dun grupo de persoas cun fin militar, científico, deportivo etc.

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín expeditione ‘expedición, xornada, campaña’.

Exemplos *

“Agora mesmo estamos a organizar unha expedición que está a facer o camiño e que vai sair no sábado dende Chapela dirección a Redondela.” (X.R. Couñago: A peneira, 05-2010)

“Eufóricos polo éxito da expedición e confiados en que a viaxe de retorno ía ser curta, non se fixera moito caso das estritas normas do noso capitán de racionar o consumo de auga (...)” (Xosé María Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.