explotación

Acción e efecto de explotar, utilizar alguén en proveito propio con pouca remuneración.

Etimoloxía

A palabra créase sobre o verbo explotar que procede do francés exploiter que significa 'sacar proveito de algo'.

Exemplos *

"Aymerich avogou por que os estados membros da ONU se comprometan a tomar medidas efectivas que impidan a explotación infantil e melloren os niveis educativos e sanitarios dos nenos." (O Correo Galego 23-12-2000)

"A explotación, o colonialismo, a ganancia como único fin, o que crean é sociedades que rompen desde a solidariedade, ata a unión dos pobos." (Ramón Regueira: X. V. Viqueira: Teoría e praxe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.