exposición

Presentación pública de diversos obxectos

Etimoloxía

Vocábulo procedente do latín expositio ‘exposición’, ‘narración’.

Exemplos *

“Visitando nun museo de Santiago unha exposición de Arte povera italiana boteime a rir ao ver un anaco de perpiaño atado cun aramio.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / Os amores do Mourego, 2013)

“A zona máis moderna do museo albergaba, asemade, unha exposición de arte contemporánea que lle resultou moi interesante.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.