Estado anímico de grande exaltación no que un sentimento de gran felicidade ocupa totalmente o espírito
Etimoloxía
Termo que recollemos do latín tardío ex[s]tăsis, e este lévanos ao grego ékstasis ‘fascinación’ ou ‘asombro’.
Exemplos *
“Ulises xa non foi quen de escoitar as súas últimas frase. A preguiza que acompaña a éxtase apoderárase do seu corpo.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Unha emoción próxima á éxtase que se viu interrompida polo algareo con que un grupo de cativos de idades diversas penetrou na aula, esnaquizando cos seus risos o silencio enfeitizado.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


