extinción

Acción e efecto de extinguir ou extinguirse

Etimoloxía

Cultismo procedente do latín exstinctio, ‘falecemento, morte’.

Exemplos *

“A memoria achanza o que non abarca e moita xente percibe que a extinción dos mamuts se sitúa nun tempo non moi afastado da dos dinosauros.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte, 2008)

“Recentes investigacións refutan a hipótese de que a extinción dos dinosauros foi debida ao impacto dun meteorito hai 65 millóns de anos.” (I. Klintborn: Galicia Hoxe, 28-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.