extirpación

Acción e efecto de extirpar mediante unha operación cirúrxica

Etimoloxía

Vocábulo médico que vén do latín clásico exstirpātiōn(em) que significa 'acción de arrancar de raíz', pero ao primeiro non se utiliza como termo cirúrxico.

Exemplos *

“Primeiro un vultiño no peito, logo a mamografía e a eliminación para evitar posíbeis complicacións, pero por sorte non haberá que ir á extirpación completa da mama. Os cirurxiáns farán ben o seu traballo, só unha pequena cicatriz, case imperceptíbel, baixo do peito esquerdo lembrará o gume do bisturí.” (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños, 2003)

“Poucos anos despois montei unha pequena clínica na casa dun veciño, preto da miña, en colaboración con uns compañeiros de Santiago, dous cirurxiáns e un Tocoxinecólogo; así facíanse as operacións máis correntes como apendicite, operacións de intestino ou estómago, legrados de matriz ou extirpación dela, operacións de amígdalas, cesáreas e outras.” (Manuel Reimóndez Portela: Un médico de aldea, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.