extorsión

Utilización da violencia, a ameaza ou o engano contra unha persoa, co fin de obter dela algún proveito

Etimoloxía

Termo culto que nos leva ao latín tardío extorsio, -ōnis de significado semellante.

Exemplos *

“...tres tipos de violencia neste sentido: a difusión de actos de violencia sexual a través de medios tecnolóxicos, a pornografía non consentida e a extorsión sexual.” (Pablo Santiago: El Salto Diario, 24-11-2023)

“A pobreza e a desprotección institucional facilitaron a súa captación; hoxe en día, ademais, aparecen novas formas de engano, de manipulación e de extorsión a través das redes sociais e da captación virtual.” (Susana Rois: Nós Diario, 23-9-2025)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.