extraescolar

Actividade que se realiza fóra do horario escolar e non forma parte do currículo educativo

Etimoloxía

Vocábulo formado polo prefixo extra- e o adxectivo “escolar” que vén do latín tardío scholaris ‘estudante’.

Exemplos *

“As actividades extraescolares deben ser divertidas, estimulantes e promover diferentes capacidades pero sobre todo, non ser unha obriga.” (Lara Real Lema:Terra chá xa, 9-2014)

“Naquel mundo extinto, os nenos e as nenas criabámonos, polo menos ata os catro anos, sen garderías nin horarios nin a absurda necesidade imposta da "socialización" infantil. Sen actividades extraescolares que ateigaran o noso tempiño aínda libre.” (Olga Novo: Luzes, 10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.