Potaxe de fabas con touciño, chourizo, morcilla, e ás veces outros ingredientes
Etimoloxía
Palabra formada por derivación sobre a voz “faba” que bebe do equivalente latino faba.
Exemplos *
“Carlos arrincou un bo anaco do pan de leña. Mergullouno na fabada, deixando unicamente a codia sobre a liña de flotación.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)
“(...) ía con outros carboeiros a comer a Casa Salvador, que lle chamábamos a casa dos pobres e por 5 pesetas comías unha fabada ou un guiso e unhas sardiñas fritas e, como non, un vasiño de viño.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


