Faba pequena e redonda con pintas
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “faba” que procede do equivalente latino faba co mesmo significado.
Exemplos *
“Estaban a nai as cinco fillas i a Malvina. Pois o Amador tiña sido chamado a filas. Comemos un guisado de carne de vaca con patacas e fabocos.” (Antón Alonso Ríos: O siñor Afranio ou cómo rispei das gadoupas da morte (Memorias dun fuxido), 1979)
“Despois dunha hora de sesión intermitente cunha pluma de galiña choca, logrou que librase con éxito o tal couso: un faboco brillante de cor verde escuro.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro / Mingos de Beade, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.