fábrica

Lugar onde, coa axuda de máquinas, se transforman materias primas ou produtos noutros produtos manufacturados ou industriais

Etimoloxía

Termo que vén do latín fabrica ‘traballo feito en manofactura’.

Exemplos *

“Tíralle-las súas tristes fábricas de exércitos / inoculados de acomodo. / Éntraos sae de ti e tíralles / os cadáveres da preguiza acorda / doutros erros victorias as caídas / e despistes / que en ti fixeron ollos de tempas e dos dedos.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)

“Nas fábricas onde pasaron a vida a enlatar produtos do mar, non estaban dadas de alta. Cando foi pechar a fábrica decatáronse que non tiñan nin dereito ao paro.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.