fábula

Relato breve de ficción, en verso ou en prosa, xeralmente con animais como personaxes, do que se tira unha ensinanza moral.

Etimoloxía

A súa orixe está na forma latina fabula, -ae 'conversa', sobre a que se formou o verbo fabulari, que deu lugar ao noso "falar".

Exemplos *

"Desprezaban o que non alcanzaban, como a raposa da fábula de Esopo." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a freca rosa)

"… outro referente continuamente presente é o demo. Os ditos, fábulas, refráns, cantigas, adiviñas, contos, etc., sobre el forman lexión dentro do imaxinario galego." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.