fachada

Cada unha das caras exteriores dun edificio, excepto o tellado

Etimoloxía

Préstamo do italiano facciata ‘parte anterior dun edificio’.

Exemplos *

“Pedra no chan, pedra nas fachadas das casas , pedra no gris cincento do ceo.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Certo que no grande escudo da fachada do seu pazo hai nun dos seus cuarteis unha árbore semellante, pero vosa mercé ben sabe que ese non é o motivo principal das armas dos Trelawney de Bristol.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.