facheiro

Lume que se acendía antigamente no cume dun monte para guía de mariñeiros.

Etimoloxía

Deriva do latín vulgar *fasculo, que á súa vez procedía do clásico fax, –cis 'estrela candente'.

Exemplos *

"Polo rastro denegrido que ficaba enriba deles, Gonzalo deduciu que se trataban de auténticos facheiros." (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)

"Agachámonos nunha volta do corredor, prendemos de novo os facheiros e ollamos arredor." (Xosé Miranda: Morning Star)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.