fachón

Presa de palla atada que se acende para alumar.

Etimoloxía

Evolucionou a partir de facula, diminutivo da denominación latina do facho, fax, facis.

Exemplos *

"Pasou alumeado pola lucería do regato, que alumeaba máis que o seu fachón, e comezou a perseguila." (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

"… camiñaron nas noites medoñas coa única defensa dun fachón, temendo que o lobo (atribuíanlle ao bicho o cerebro dun Einstein) mollase o rabo nun regueiro pra zarrapicalos e apagarlles as pallas …" (Bieito Iglesias: Tempos Novos 10-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.