fachuzo

Presa de palla atada que se acende para alumar

Etimoloxía

Termo derivado sobre a palabra “facho” que nos leva ao latín vulgar *fasculam que remite ao clásico fax ‘pau con lume’.

Exemplos *

“Co aceite de balea que eu trouxera e coa brea que levaban eles prendemos cadanseu fachuzo e entramos na galería; asegureime tamén de que non deixara esquecida a buguina que me dera o Chavián.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Houbo quen tendo madrugado moito para ir ó muíño do Recebío, viu saír por detrás da eira do señor Ramón dúas ringleiras moi longas de trasnos, que levaban fachuzos acesos e que se dirixían ó monte da Esfarrapa, por onde desapareceron.” (Xulio Cuns Lousa: Así foi... e seguirá sendo, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.