faciana

Parte anterior da cabeza das persoas que comprende os ollos, o nariz, a boca etc.

Etimoloxía

Palabra que toma como base “face” que nos remite ao latín facies ‘rostro’.

Exemplos *

“O fillo de rosendo andaba aboiado polas rúas amostrando a súa faciana albeira de mozo malmantido.” (Daniel Rodríguez Castelao: “O fillo de Rosendo”, Cousas, 1929)

“Sorrisos histrionicamente espetados asoballáronme a cada paso. Identifiquei faccións coñecidas nalgunhas facianas e lembrei con esforzo outras xa esquecidas ; noutros casos só finxín facelo.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.