Reprodución exacta do orixinal, dun texto, debuxo, firma etc.
Etimoloxía
Termo de orixe culta que procede do latín fac 'fai', do imperativo de faĕre 'facer', e simĭle 'semellante'.
Exemplos *
“Non ten coche, conténtase con vivir independente da familia, de papá profesor, subvencionado polo goberno autónomo coa encomenda de editar facsímiles de poetastros embalorecidos.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)
“O facsímile de Flora de Galicia do xesuíta Baltasar Merino, natural de Burgos, que exerceu a docencia no Colexio de Camposancos, foi publicada por Edicións do Castro, a editorial que da man de Isaac Díaz Pardo tanto leva feito por recupera-la memoria histórica de Galicia.” (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego, 7-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.