Realizar os trámites precisos para enviar por un medio de transporte unha mercadoría ou equipaxe.
Etimoloxía
Verbo creado sobre o nome factura que vén do latín factura, -ae que significaba 'o que se fai, a cousa creada', que probablemente chegou a través do francés.
Exemplos *
"Por certo, ¿como é que non facturaches a maleta ata o destino?" (Xavier Queipo: Papaventos)
"Lidia entregou o billete e puxo a maleta para facturar." (Carlos G. Reigosa: Narcos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.