Muller imaxinaria á que se lle atribúen poderes extraordinarios.
Etimoloxía
Procede do latín fata, -ae 'deusa do destino', que nun principio era o plural de fatum 'predición' ou 'fatalidade'.
Exemplos *
"Marcharei a Avalón, onda a máis fermosa de tódalas doncelas, a raíña Argante, a máis belida das fadas, para que cure as miñas feridas tratándome con benéficas pocións." (Xoán Bernárdez Vilar: O ano do cometa)
"O difícil de todos os xeitos non é vencer as probas que poñen os xigantes, os mouros, as fadas ou as serpes." (Roberto Vidal Bolaño: Touporroutou da Lúa e do Sol)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


