fado

Canción popular portuguesa de carácter triste

Etimoloxía

Palabra que vén do portugués e alí bebeu do latín fatum ‘profecía’.

Exemplos *

“Soa un fado na voz de Amalia Rodríguez desde un compact-disc.” (Suso de Toro: Tic-tac, 1993)

“Como dicía, con tanto tino, a atormentada letra do fado: é quase certo que nada existe; nada está preto, e eu estou triste .” (Ricardo C. Mora: A cidade dos Anxos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.