faia

Árbore de grande altura da familia das fagáceas, de folla caduca, casca lisa de cor verde ou gris e madeira de cor clara moi apreciada en carpintaría

Etimoloxía

Nome que procede da frase latina materia fagea onde o adxectivo derivaba de fagus ‘faia’.

Exemplos *

“A vida desde agora sería distinta e dura, xa nunca máis refuxiarse nas paisaxes coñecidas, xa nunca máis nos corredores tapizados de follas de nogueira, de faia, (...) de carballo, por onde descende do monte a enxurrada na estación das chuvias.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Na Porta Faxeira de Compostela _ que tira o seu nome dun bosque de faias que debeu haber alí en tempos históricos.” (Fran Pérez Lorenzo: Galicia Hoxe, 3-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí