faísca

Partícula con lume ou xa reducida a cinsa, que salta dun corpo que arde.

Etimoloxía

Desde o latín vulgar temos *favisca, froito do cruzamento do latín favilla, –ae 'cinza quente' e o xermánico falaviska, de significado semellante.

Exemplos *

"O seu pai daba voltas arredor do dormitorio, agardando, nervioso, coma unha faísca fuxida da fogueira." (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz)

"As faíscas semellaban a respiración dos tizóns" (Manuel Janeiro: A fada das lapas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.