Persoa que fala un idioma ou a que fala no acto de comunicar.
Etimoloxía
Orixínase no latín fabulans -ntis que era o participio presente do verbo fabulo que significaba 'o que conversa'.
Exemplos *
"Calquera persoa que o ouvise consideraría axiña a aquel falante como forasteiro." (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)
"Por suposto, a complexidade da gramática do latín non descansa no feito de que o falante se vexa obrigado a seleccionar dativos ou ablativos" (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


