falcatruada

Acción, propia dos nenos, que pode causar prexuízo, molestia ou trastorno

Etimoloxía

A orixe da palabra é controvertida, segundo Corominas, a voz atópase en galego, portugués e asturiano crese que podería proceder dunha creación *falca-truãa, onde falca significaría ‘golpe cun pao’ e truãa ‘impostor e co tempo acabaría significando ‘broma’.

Exemplos *

“A min non me quería levar de ningún xeito: tiña unha ben gañada sona de inquieto e de argalleiro, e temía que fixese calquera falcatruada na casa da tía.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Ao primeiro fíxeno un pouco como unha falcatruada infantil, para ver que pasaba, que facías, aínda que imaxinaba que a túa vida era máis ben monótona.” (Francisco Castro: Spam, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.